O día 27 de agosto aparecen dous infográficos en páxinas interiores, concretamente na 14. O primeiro deles é unha nova secuencia do accidente corrixida e na que se especifica que é a versión oficial do ocorrido. Ocupa un espazo de 3×1 módulos e describe en cinco pasos o sinistro, seguindo a mesma liña que nos casos anteriores. Está feito en branco e negro e vai asinado como LA VOZ.
O segundo dos infográficos titúlase “La reversa”, un concepto moi técnico que se refire a unha parte do motor do avión. Trátase dun gráfico ilustrativo do que explica o texto, que se convirte no elemento principal dunha peza pouco atractiva para o público xeral pola súa complexidade técnica.