A edición dixital de La Voz de Galicia acompañaba no día de onte a información sobre a situación do tráfico na comunidade cun mapa no que se poden observar a estradas galegas afectadas pola vaga de frío e os sucesos ocorridos en cada unha delas. 

 

 dibujo

 

Este é un exemplo do uso das ferramentas que ofrece Internet para informar á cidadanía. Neste infográfico La Voz optou por utilizar a ferramenta Google Maps para ofrecer ós seus usuarios unha información que doutro xeito sería moito máis difícil de transmitir.

 O mapa pode interpretarse e manexarse de dous xeitos

-         Pódese acceder directamente dende o mapa ós diferentes puntos das estradas (sinalizados con folerpas) para obter unha información do ocorrido.

-          A outra opción é ver o listado de estradas afectadas para, pinchando en cada unha delas, ver no mapa a súa localización. 

 exemplo

 

Esta foi a posta de La Voz de Galicia para informar sobre as estradas e o mal tempo. É un infográfico sinxelo e fácil de utilizar que, porén, pode non ofrecer tódolos datos necesarios. A información veríase reforzada con pequenos detalles como o kilómetro exacto no que houbo incendencias ou unha mellor delimitación das estradas e os puntos kilométricos. Ante isto, déixovos algunhas propostas para debatir:

 

¿Qué debe primar, a rapidez de ferramentas web como Google Maps ou unha maior información que vaia en perxuízo da inmediatez? ¿Parécevos acertada a proposta de La Voz de Galicia? ¿Qué cambiariades?

Un saúdo

 Elena