OS PAÍSES EN RECESIÓN

mapa-mundi

Este primeiro infográfico trata de reflectir a situación dos principais países do mundo nesta etapa de crise, e para iso tivemos en conta se os países se atopaban inmersos nun proceso de recesión económica, estaban a piques de iniciala ou, pola contra, as súas economías están a salvo.

No caso de presentar este infográfico para a web, a nosa idea era que, ó pasar por cada un dos países sinalados, se abrise un pequeno cadro que reflexara a situación do PIB (o indicador da recesión) nos últimos meses.

A CRISE ESPAÑOLA EN CIFRAS

ipc

pib


paro1

Estes tres gráficos representan a evolución de tres índices moi representativos da situación da economía española como son o IPC, o PIB e a taxa de paro. Neste caso, a versión para a web ofrecería información máis detallada nos picos máis altos e máis baixos sobre o que causou eses picos.

APORTE FINANCEIRO POR PAÍS

aporte

O derradeiro gráfico mostra o aporte monetario (en millóns de euros) feito por cada país para salvar a crise. No caso de convertirse nun gráfico para web, ó pasar o rato por cada unha das barras mostraríase a qué adicou cada país ese diñeiro.