Unha vez presentado o noso traballo sobre a relación entre o xornalismo e o cómic, deixámosvos aquí un enlace para quen queira descargar a presentación en PowerPoint: Xornalismo e Cómic
Un saúdo!
Xaneiro 24, 2009
Unha vez presentado o noso traballo sobre a relación entre o xornalismo e o cómic, deixámosvos aquí un enlace para quen queira descargar a presentación en PowerPoint: Xornalismo e Cómic
Un saúdo!
Xaneiro 17, 2009
A infografía soe acompañar ás informacións nos xornáis para facelas máis sinxelas de entender ó público. Pero esta non é a súa única labor, a infografía axúdanos no día a día, nos nosos oficios, nos nosos hobbies, ou incluso nos nosos fogares. Neste artigo pretendemos poñer algún exemplo de cómo se usan os infográficos nas nosas vidas, sen incluso darnos conta.

Lokhes Dakhar, pretende ensinar ós seus clientes como son os seus tipos de café, en qué se diferencian uns de outros, como se preparan, así que decide acudir á infografía para facelo máis sinxelo.
Un Mestre na clase, pretende ensinar anatomía ós seus alumnos, ¿a qué acude?, ¿vaise sinalando no seu Corpo? ¿Cómo fai estas leccións visuais para os alumnos? Pois mediante infográficos:

Queres saber algo sobre a crise económica que vivimos, pero non sabes nada de economía, así que si lees a información que se trata nos xornais económicos, ou incluso na información da sección de economía dun xornal xeralista, non chegas a comprender nada, así que ó que te limitas é a observalos infográficos que traen ó lado:

Pretendes mercar unha casa, e che explican como vai a ser: dous dormitorios, un baño, un aseo, salón…pero ti non te queres facer unha idea errónea, así que prefires que cho fagan visual, ¿a qué recorres? A infográfia outra vez:

Así podemos atopar miles de infográficos no día a día de calquera persoa, nos seus traballos, nas informacións recibidas, cando vas en coche, cando vas ó supermercado, na publicidade, etc. A infografía fainos máis sinxela esta vida de rapidez, xa que grazas a ela podemos comprender as cousas sen necesidade de ler densos textos unha e outra vez.
Para rematar gustaríamos expor algúns dos infográficos máis humorísticos que atopamos:



Xaneiro 10, 2009
A edición dixital de La Voz de Galicia acompañaba no día de onte a información sobre a situación do tráfico na comunidade cun mapa no que se poden observar a estradas galegas afectadas pola vaga de frío e os sucesos ocorridos en cada unha delas.

Este é un exemplo do uso das ferramentas que ofrece Internet para informar á cidadanía. Neste infográfico La Voz optou por utilizar a ferramenta Google Maps para ofrecer ós seus usuarios unha información que doutro xeito sería moito máis difícil de transmitir.
O mapa pode interpretarse e manexarse de dous xeitos
- Pódese acceder directamente dende o mapa ós diferentes puntos das estradas (sinalizados con folerpas) para obter unha información do ocorrido.
- A outra opción é ver o listado de estradas afectadas para, pinchando en cada unha delas, ver no mapa a súa localización.

Esta foi a posta de La Voz de Galicia para informar sobre as estradas e o mal tempo. É un infográfico sinxelo e fácil de utilizar que, porén, pode non ofrecer tódolos datos necesarios. A información veríase reforzada con pequenos detalles como o kilómetro exacto no que houbo incendencias ou unha mellor delimitación das estradas e os puntos kilométricos. Ante isto, déixovos algunhas propostas para debatir:
¿Qué debe primar, a rapidez de ferramentas web como Google Maps ou unha maior información que vaia en perxuízo da inmediatez? ¿Parécevos acertada a proposta de La Voz de Galicia? ¿Qué cambiariades?
Un saúdo
Elena
Xaneiro 2, 2009
Navegando pola páxina web de Alberto Cairo atopei este artigo, titulado “Interactividad e infografía en prensa”. Pareceume moi interesante, e por iso gustaríame que o comentaramos.
Xa no inicio do artigo, Alberto Cairo utiliza o termo “visualización de información en prensa” para referirse á infografía. Deste xeito consegue que a vertente informativa da infografía en prensa tome relevancia, fronte á tendencia actual nalgúns medios de comunicación de potenciar a súa compoñente artística ou gráfica.
No texto, Cairo analiza a presencia de interactividade na infografía dos medios online. Segundo el, actualmente non se aproveitan todas as ferramentas que nos ofrece a informática para construír os gráficos, o que deriva nunha falta de interactividade. Existen algunhas excepcións, pero a maior parte das infografías publicadas en soportes electrónicos seguen unha estrutura liñal que non os diferencia dos publicados nos medios escritos.
Para incrementar a interactividade da infografía, o autor propón tomar videoxogos como fonte de inspiración para o deseño de interfaces. Ademais, aporta un decálogo que serviría de axuda ós infografistas.
Para el, o modelo ideal de infografía online é aquela que reúne utilidade, personalización e certa atemporalidade. No artigo cita algúns exemplos que resultan moi curiosos, como este da páxina web do metro de Madrid. Este gráfico permite calcular o traxecto máis rápido entre dous puntos e calcular o tempo de viaxe. Consultar gráfico
Agardo os vosos comentarios. Un saúdo!!
Lucía
Decembro 29, 2008
Aquí vos deixamos un link ó noso traballo: O cómic e o xornalismo
Decembro 4, 2008
A infografía publicada por El País para explicar o asasinato dun empresario vasco a mans da banda terrorista ETA é un dos mellores que se publicaron ultimamente, para o noso gusto. A partir dunha fotografía do lugar dos feitos, o gráfico permite reconstruír o atentado paso a paso. Botádelle un ollo, merece a pena. Un saúdo,
Lucía
Novembro 26, 2008
OS PAÍSES EN RECESIÓN
Este primeiro infográfico trata de reflectir a situación dos principais países do mundo nesta etapa de crise, e para iso tivemos en conta se os países se atopaban inmersos nun proceso de recesión económica, estaban a piques de iniciala ou, pola contra, as súas economías están a salvo.
No caso de presentar este infográfico para a web, a nosa idea era que, ó pasar por cada un dos países sinalados, se abrise un pequeno cadro que reflexara a situación do PIB (o indicador da recesión) nos últimos meses.
A CRISE ESPAÑOLA EN CIFRAS

Estes tres gráficos representan a evolución de tres índices moi representativos da situación da economía española como son o IPC, o PIB e a taxa de paro. Neste caso, a versión para a web ofrecería información máis detallada nos picos máis altos e máis baixos sobre o que causou eses picos.
APORTE FINANCEIRO POR PAÍS
O derradeiro gráfico mostra o aporte monetario (en millóns de euros) feito por cada país para salvar a crise. No caso de convertirse nun gráfico para web, ó pasar o rato por cada unha das barras mostraríase a qué adicou cada país ese diñeiro.
Novembro 26, 2008
O día 4 de novembro de 2008, coincidindo coas eleccións presidencias en EEUU a edición dixital do xornal El País inclúe tres infográficos diferentes:
- “Mapa electoral de EEUU según los últimos sondeos”. Trátase dun cartograma animado, probablemente feito co programa Flash. Nel empréganse diferentes cores para indicar o resultado das eleccións nos diferentes estados de Norteamérica. É un infográfico que se actualiza continuamente ó longo do día coa chegada de novos datos. É o que aparece na imaxe da cabeceira do post, e tamén está dispoñible na hemeroteca web.
- “Evolución del Ibex 35”. Consiste nun infográfico composto de dous elementos: unha gráfica liñal que recolle a evolución deste índice e un diagrama de barras. Ó pasar co cursor por riba dos gráficos, ábrese información textual nun cadro de texto sobre os puntos resaltados.
- “La carrera hacia la Casa Blanca”. É un gráfico liñal dobre no que se amosan mes a mes os resultados dos sondeos, a xeito de recapitulación. En cada un dos meses inclúese información adicional sobre a carreira electoral, como as causas dos resultados, os acontecementos resaltados, etc…
En xeral, chama a atención o traballo de documentación realizado polo grupo de infografistas da edición dixital de El País, xa que cada un dos gráficos inclúe información adicional. Son datos complementarios que resultan interesantes para o lector. O deseño visual dos gráficos é moi atractivo e resulta sinxelo interpretalos. A través da análise destas infografías apréciase claramente que existe un bo traballo detrás, tanto dende o punto de vista informativo como dende o punto de vista do deseño.
Novembro 11, 2008
Nos gustó mucho esta animación de Flash. Se trata de un trabajo muy original e innovador en el que se usa las propias herramientas del programa para elaborar una historia animada donde se convierten en las protagonistas.
Para ver la animación, clicka aquí
Novembro 11, 2008
Javier Errea explica en su artículo “¿Por qué la infografía salvará el periodismo?” que nuestra profesión atraviesa una crisis de formas, contenidos y lectores. Ésta solo puede ser superada aplicando los principios de la infografía a la práctica periodística e innovando en este campo.
Afirma que en la actualidad esta fórmula ya se aplica en las portadas y que el objetivo es hacerlo extensible al cuerpo del periódico.
Un buen ejemplo de esta tendencia son las portadas aparecidas recientemente en los periódicos Público y El Periódico los días 31 de octubre y 5 de noviembre, respectivamente. Desde nuestro punto de vista se trata de dos grandes ejemplos de portadas de autor que causan un fuerte impacto visual en el lector. Nos parece una apuesta arriesgada y estéticamente muy atractiva que puede ayudar a los periódicos a superar la crisis en la que están inmersos. ¿Vosotros que pensáis?